COMUNICADO OFICIAL – 01/07/2021

CONVOCATORIA DE ASAMBLEA EXRAORDINARIA DE SOCIOS/AS

O presidente da Xunta Directiva Club Deportivo Arenteiro, en atribución das súas funcións e de conformidade cos estatutos do Club, CONVOCA a ASAMBLEA EXTRAORDINARIA DE SOCIOS/AS, a celebrar no AUDITORIO MANUEL MARÍA o vindeiro día 9 de xullo as 20,30 horas en primeira convocatoria e as 21,00 horas en segunda e definitiva, coa seguinte orde do día:

1.- Balance deportivo, social e económico da temporada 2020/2021 e aprobación do resultado contable.

2.- Avance de proxecto deportivo, social e económico da temporada 2021/22

3.- Fixación de prezos para Abonos e entradas para a temporada 2021/22

4.- Actualización de listado de socios/as

5.- Modificación de estatutos

6.- Informe sobre o terreo de xogo de Espiñedo

7.- Intervención de Socios/as

Dadas as condicións sanitarias actuáis motivadas polo COVID-19, será obrigatorio o uso de mascarilla, distancia social, toma de temperatura e pisado a alfombra hixénica.

Absterse de asistir en caso de que se tivera contacto con algún paciente covid-19 ou se teñan síntomas da enfermedade.

Entrada exclusiva a socios/as con carnet da temporada 2020/21 ao día no pago.

Asdo.: D. Argimiro Marnotes Fernández

                                     Presidente de CD Arenteiro

Leave a Reply