COMUNICADO OFICIAL – 17/03/2021

REPOSICIÓN INTEGRAL DE TERREO DE XOGO EN ESPIÑEDO

A directiva do C.D. Arenteiro ben de saber, que as obras de reposición integral do terreo de xogo de Espiñedo que según Proxecto do Arquitecto muinicipal ascende a algo máis de 186.000€, serán financiadas íntegramente pola Excma. Deputación Provincial de Ourense, Tal como lle comunicoóu o seu Presidente Manuel Baltar a Argimiro Marnotes, presidente do C.D. Arenteiro, para o que este importe está incorporado na modificación orzamentaria da Deputación e que será levada a pleno este mesmo mes de marzo.

Esta obra é necesaria dende décadas para que Espiñedo non teña que sufrir como o ven facendo ao chegar cada inverno e consiste en levantar todo o terreo de xogo, colocar rede tuberías de drenaxe, capa de grava, capa de area e tepes, así como sistema de rego novo.

Dende a directiva do C.D. Arenteiro, agradecemos a sensibilidade que se mostra dende a Deputación con esta necesidade ao afrontar a obra íntegramente e ao Concello por ter realizado o proxecto técnico necesario.

Agora, esperamos que xa contando con partida económica necesaria, a obra se poida adxudicar canto antes para que Espiñedo mostre a súa mellor cara xa dende inicios da próxima temporada.

Atentamente, Directiva de CD Arenteiro.

Deixa un comentario