Visita do CD Barco a Espiñedo no partido de presentación oficial do Club da Vila do Carballiño. O partido desarrollouse baixo unha intensa calor e sensación de humidade.

Nos primeiros minutos o CD Barco foi o encargado de levar o peso do encontro pero non tardarian moito os de Manel Vazquez en rondar a porteria visitante. Neste periodo o partido foi intenso con bo xogo por parte de ambos equipos, ainda que algo dificultado por o estado do terreo de xogo, que impedia un xogo mais preciso.

Xa na segunda metade os cambios realizados por ambos edestradores e o cambio de posicións no terreo de xogo fixo que o encontro se volvese menos vistoso pero non por eso menos interesante xa que para ambos equipos nesta segunda metade foi donde se sucederon as mellores oportunidades, un remate na area local fixo que Pachi se tuvera que emplear a fondo para impedir que o esferico se introducira na sua meta. Por outro lado a oportunidade mais clara dos verdes foi un disparo de Bardelas que repeleria o poste.

Sin mais historia remataria este encontro donde ambos equipos en pleno proceso de adaptación van pulindo detalles e poñendose a punto.