Tarde moi calurosa a de este Domingo con temperaturas o comenzo do partido de 38 graos, que supuña un sobreesforzo os 22 xogadores sobre o terreo de xogo.

Comenzaba ben o encontro para os verdes xa que os cinco minutos Vitti de volea conseguia superar a Gorka que non poido facer nada para evitalo. O dominio visitante era claro con transicións de balón rapidas e efectivas, ainda que nas inmediacions da area masidá non se chegaban a concretar todas as oportunidades. Pero seguia o Arenteiro co seu xogo de "tiki taka" como decia un comentarista televisivo, froito de eso chegaria o segundo no minuto doce obra de Dani Arbo. E catorce minutos mais tarde, no minuto 26 Rubén Arce conseguia o 0 a 3.

Catro minutos mais tarde o equipo masidá conseguia o único gol local, xogada pola banda dereita hasta a liña de fondo, centro raso que se pasea por diante da porteria e que rematan no segundo pau, moi boa xogada do Maside que conseguia os aplausos da grada. E con este resultado remataria a sofocante primeira parte.

No reinicio o encontro foi mais espeso, xa que o calor non daba tregua e algúns xogadores que non foron sustituidos acumulaman minutos con altas temperaturas. No minuto seis facianlle unha falta a Cristian na frontal da area local, encargariase de transformala Dani "Chimpin" de foma maxistral cun tiro directo a escadra.

Pouco mais que contar de este encontro amigable de pretempada marcado por un calor abafante, no que os pupilos de Manel Vazquez van debuxando o esquema tactico e e a forma de xogo que o mister quere implantar no equipo verde.

Este Martes as 20:30h na Uceira novo encontro de pretempada, esta vez o rival e o Cortegada.