Presentación oficial de CD Arenteiro , donde siareiros, xogadores e prensa se reencontraron en Espiñedo.
 
Por parte dos xogadores estaban os renovados da pasada tempada: Pachi, Israel, Adrián Pol, Alberto Blanco, Bardelás Cristian, Dafonte, Dani Arbo, Dani Chimpín, Esteban, Dani Vázquez, Iván Portos, Marcos Vilachá, Maxi e Vitti, os xuvenís: Ivan Gil e Rivera, e tamén as caras novas para esta tempada: Adrián Padrón(Bergantiños), Carlos de Dios e Rubén Arce (CD Barco) e Saúl (Bande) que veñen a reforzar alguhas posicións do equipo.
 
O Corpo Tecnico con Manel Vazquez(Adestrador), Julio Novoa(Segundo Adestrador) e Zeus Alvarez(EM) repiten da pasada tempada, pero tamén aquí temos novidades, en concreto tres, que son a de Santi Ferrón como novo Preparador Físico que nas últimas 4 temporadas perteneceu a disciplina do Barbadás, con experiencia en Terceira división no Verín e no Lemos, Martín Pérez que a pasada tempada xogou no primeiro equipo conseguindo marcar once goles, pasa a ser o Fiseoterapeuta do Club, e a incorporación de Manuel Bolaño como Delegado de Campo.
 
Aproveitamos para darlle as grazas a Gabriel Gonazalez (anterior preparador Físico) que por motivos laborais non pudo continuar con nos, desexandolle moita sorte no seu futuro.
 
Xan Pinal (Presidente do Club) que se mostraba contento co novo proxecto declaraba ante os medios de comunicación alí presentes que: "Este ano mantivemos a base do pasado curso, coa fichaxe de catro novos xogadores para apuntalar algús postos do equipo...este he un proxecto cargado de ilusión...o reto de este ano e seguir crecendo como equipo e mellorar o do ano pasado".